Actualidade
O Patronato do CETAL nomea a Javier Bueno Lema novo Director Xeral da fundación
martes, 18 de decembro de 2018
  • O patronato do CETAL acordou o relevo do Director Xeral da fundación.
     
A Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Bombal Díaz, presidiu hoxe o patronato da fundación CETAL, na que participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a Xefa Territorial da Consellería do Medio Rural, Mª Olga Iglesias Fontal; a Vicerrectora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto e a Vicerrectora do Campus de Ourense, Esther de Blas Varela.
 
Nesta reunión, aprobouse o relevo do cargo de Director Xeral da entidade. A proposta da Presidencia do Patronato (Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación) acordouse por unanimidade que o novo Director Xeral sexa Javier Bueno Lema. A incorporación efectiva será o vindeiro 1 de febreiro.
 
Javier Bueno Lema (Zas, 1965) é Profesor Titular de Universidade da área de Enxeñaría Agroforestal do Departamento de Enxeñaría Agroforestal na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou estudios de Enxeñeiro Agrónomo na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo e é Doutor Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.
 
É Profesor da USC dende o ano 1991, onde ten impartido materias relacionadas coa mecanización agraria e forestal nas titulacións de Enxeñeiro Técnico Agrícola, Enxeñeiro Técnico Forestal, Enxeñeiro Agrónomo e Enxeñeiro de Montes. . Foi Vicerrector de Coordinación do Campus de Lugo entre 2014 e 2018. Na actualidade exerce a súa labor docente e investigadora na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo.
 
Previamente, o actual director, Andrés Hermida, presentou o estado de execuciónavance do Plan de Acción do CETAL para 2018 e a execición orzamentarea. Todos os membros do patronato coincidiron en agradecer os sus servizos ao fronte da fundación e a posta en valor de todo o traballo feito.

 







voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO