Actualidade
O Ministro de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, presentou a Campaña Productos Lácteos Sostenibles
sábado, 07 de setembro de 2013
 
O Ministro de Agricultura, Alimentación y Medio  Ambiente, presentou  a  campaña de Productos Lácteos Sostenibles (PLS), na que participa o CETAL como responsable do deseño e a xestión do logo PLS.

O Ministro de Agricultura, Alimentación y Medio  Ambiente, Miguel Arias Cañete, presentou, na sede do MAGRAMA, a campaña de Productos Lácteos Sostenibles (PLS), na que participa o CETAL como responsable do deseño y a xestión do logo PLS

Mediante este programa as empresas da industria e a distribución comprométense a utilizar leite cuxa adquisición esté regulada mediante contratos de compra venda, con condicións contractuais que garantan a sostenibilidade das explotacións. Tamén se comprometen a identificar a orixe española do leite envasada  baixo o logo PLS e traballar para mellorar a percepción dos produtos  lácteos, polo consumo, como produtos de alto valor nutritivo e de calidade.
 
O logotipo deseñado polo CETAL poderá ser utilizado en dúas cores (vermello e azul, segundo o fondo do envase) e está dirixido a lograr un fácil  recoñecemento polo consumidor. Ademais de figurar nos envases, as  industrias e empresas distribuidoras adheridas poderán utilizalo nas  campañas de publicidade, na cartelaría dos locais e os seus medios de publicidade.



voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO