Actualidade
Xornadas sobre contaminación microbiolóxica na producción primaria agrícola
xoves, 08 de novembro de 2018
  • A responsable do Laboratorio de Microbioloxía do LSA-CETAL Alexandra Herrera, participou nas xornadas sobre contaminación microbiolóxica na producción primaria agrícola en Madrid
     
A Dra. Alexandra Herrera, xefa da unidade de microbioloxía do Laboratorio de Seguridade Alimentaria de Lugo (LSA-CETAL) participou os días 7 e 8 de outubro nas xornadas sobre a contaminación microbiolóxica na produción primaria agrícola organizadas pola Subdirección Xeral de Sanidade e Hixiene Vexetal e Forestal, realizadas na sede do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en Madrid.
 
As xornadas contaron presenza de representantes das Comunidades Autónomas e presentouse a ponencia "Interpretación dos resultados da análise microbiolóxica; preparación de mostras para o envío ao laboratorio " por parte da Doutora Herrera, mecanismo esencial para o correcto desenvolvemento do Programa Nacional de Control Oficial da Hixiene da Produción Agrícola Primaria.
 
O laboratorio seguridade alimentaria do CETAL (LSA-CETAL) está acreditado por ENAC, nas técnicas de illamento e identificación de axentes patóxenos responsables das grandes zoonose bacterianas dos alimentos con base na norma UNE-EN ISO / IEC 17025: "Requisitos para a competencia dos laboratorios de probas e calibración "
 
Ademais, o LSA-Cetal é o Laboratorio Nacional de Referencia (LNR) en todas as accións de control oficial en materia de programa de control oficial da produción agrícola primaria, onde é necesario para analizar mostras de calquera produto vexetal, solo ou auga, para Salmonella, Listeria monocytogenes e Escherichia coli, incluíndo E. coli verotoxinogénica (VTEC).





voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO