Actualidade
O Director General de Producciones y Mercados Agrarios del MAGRAMA, Carlos Cabanas, visitou o edificio do CETAL
venres, 24 de xaneiro de 2014

Carlos Cabanas, visitou na tarde de onte as instalacións do CETAL acompañado polo Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, o Subdelegado en Lugo, Ramón Carballo e o Director General da Fundación, Javier López Viana.

O Director General de Produciones y Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Carlos Cabanas, visitou onte Lugo para manter unha reunión cos representantes das Organizacións Agrarias, na sede da Subdelegación do Goberno, e así dar a coñecer as últimas novidades da nova Política Agraria Común (PAC).

Tras a devandita reunión, trasladouse ao CETAL onde foi recibido polo Director General da Fundación, Javier López Viana, quen lle mostrou as instalacións inauguradas hai un ano, así como a evolución das obras que se están levando a cabo para o acondicionamento da área tecnolóxica. Carlos Cabanas mostrou gran interese polas actividades que se están levando a cabo na Fundación, e por posibles colaboracións que se poidan establecer entre a Fundación e a Dirección General de Produciones y Mercados Agrarios.

Esta Dirección General ten atribuídas entre outras moitas funcións as competencias en produción agrícola e gandeira, medios de produción e ordenación sectorial de producións agrarias e ordenación e funcionamento dos mercados agrarios.



voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO