Actualidade
O CETAL colabora co VI Campus de Verán da USC Xuvenciencia Lugo 2018
venres, 06 de xullo de 2018
  • Os alumnos participantes realizaron diferentes probas de detección de microorganismos nos alimentos.
  • Participaron 33 alumnos de ESO e Bacharelato procedentes de diferentes puntos de España.
O CETAL, na liña de colaboración con distintas Universidades galegas, participa na semana científica do Campus XUVENCIENCIA LUGO 2018, organizado polo Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.

Por esta razón, un grupo de 33 alumnos do 4 º ESO e 1º e 2º de bacharelato visitou o Laboratorio de Seguridade Alimentaria do CETAL (LSA-CETAL), en Lugo.

Os estudantes participaron en dúas actividades de detección de microorganismos deteriorantes dos alimentos, destinadas a axudar a garantir a seguridade dos produtos alimenticios: ensaio de E. coli por sempbra en placas de Petrifilm, dentro do campo da microbioloxía clásica, dirixido po la Dra. Alex Herrera; e un ensaio para a identificación do mesmo microorganismo usando técnicas de bioloxía molecular: PCR (reacción en cadea de ADN polimerasa) dirixida pola Dra. Ania Pino.

Esta actividade forma parte da liña para dar a coñecer o traballo que o Laboratorio de Seguridade Alimentaria do CETAL está a ofrecer á sociedade.

O LSA-Cetal é o Laboratorio Nacional de Referencia (LNR) en todas as accións de control oficial en materia de programa de control oficial da produción primaria agrícola, onde é necesario analizar mostras de calquera tipo de produto vexetal, solo ou auga, en relación con Salmonella spp., Listeria monocytogenes e Escherichia coli, incluíndo E. coli verotoxigéncia (VTEC).
 
_____________________
O CETAL é unha fundación do sector público estatal adscrita ao protectorado do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que promove e apoia a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico sustentable para potenciar a competitividade do sector agroalimentario. Máis información en www.cetal.es
 











voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO