Actualidade
O CETAL traballa na elaboración do primeiro informe do Observatorio de Precios del Sector Lácteo
luns, 21 de outubro de 2013

No próximo mes de decembro o MAGRAMA presentará o primeiro informe do "Observatorio de Precios do Sector Lácteo" elaborado polo CETAL.

En reunión do Padroado da Fundación o 4 de febreiro de 2013, acordouse que fora o CETAL en colaboración co MAGRAMA, o organismo encargado da realización do "Observatorio Nacional de Precios en el Sector Lácteo", para a elaboración sistemática da información de toda a cadea de valor deste sector. Esta medida incluíuse no "Convenio de colaboración para la mejora de la eficiencia de las cadenas de valor y comercialización de la leche y los productos lácteos", subscrito en setembro de 2012 polo Ministerio e as diferentes asociacións da distribución (ANGED, ASEDAS E ACES), a Federación Nacional de Industrias Lácteas (FENIL), Cooperativas Agro-Alimentarias de España, e a Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores (ASAJA).

A partir de entón, o CETAL participou na elaboración dunha metodoloxía para a xeración, con periodicidade mensual e trimestral, de dous informes referentes aos prezos do leite e produtos lácteos nos distintos elos da cadea de valor.

O pasado 16 de outubro, celebrouse a oitava reunión da Comisión de Seguimento do "Convenio de colaboración para la mejora de la eficiencia de las cadenas de valor y comercialización de la leche y los productos lácteos", na que se presentou para a súa validación o borrador do informe do "Observatorio de Precios del Sector Lácteo" elaborado polo Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo, que achegará ao sector información mensual dos seus principais parámetros.

Tras ser aprobada a súa metodoloxía, está previsto que no mes de Decembro se presente o primeiro informe da serie.



voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO