Actualidade
CETAL e MAGRAMA asinan un convenio de colaboración para a investigación e desenvolvemento tecnológicon no Sector do Aceite de Oliva
xoves, 30 de maio de 2013
 
O Director General da Industria Alimentaria do MAGRAMA e o Director General do CETAL, formalizaron un convenio de colaboración para potenciar a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector do aceite de oliva.

O Director General da Industria Alimentaria do MAGRAMA, D. Fernando José Burgaz Moreno, e o Director General do CETAL, D. Javier López Viana, formalizaron recentemente un convenio de colaboración para potenciar a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector do aceite de oliva.
 
A principal liña de actuación será a investigación para a aplicación de técnicas instrumentais de laboratorio para a obtención de parámetros que permitan medir obxectivamente as características organolépticas do aceite de oliva e permitan a súa clasificación sensorial.
 
Na actualidade o único instrumento do control legal da calidade do aceite virxe é o denominado panel test, que analiza de maneira subxectiva as características organolépticas do aceite con obxecto de clasificalo nas súas tres categorías sensoriais, extra, virxe e oliva lampante.
 
Mediante este convenio, e coa experiencia adquirida a través dos paneis de catadores, preténdese obter un método analítico instrumental que se aproxime á determinación da calidade sensorial do aceite de oliva, o que se consideraría un avance considerable.       





voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO